A Copa de España de Laser 4.7 reúne a preto de 120 embarcacións na ría de Arousa

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/copa_espana_laser.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/copa_espana_laser.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> A vela nacional volve ter esta fin de semana unha cita no Centro Galego de Vilagarcía. Entre o 30 de abril e o 3 de maio a ría de Arousa acolle a Copa de España de Laser 4.7, a segunda cita dentro do calendario dos cinco grandes eventos dentro do calendario da Real Federación Española. Na proba competirán ao redor de 130 embarcacións.

    Preto de 130 embarcacións competirán esta fin de semana nas augas da ría de Arousa. Será no marco da Copa de España de Laser 4.7, que fará que a vela nacional volva mirar cara Vilagarcía.

    A proba celebrarase entre o 30 de abril e o 1 de maio e é a segunda do calendario da Real Federación Española de Vela que escolle Vilagarcía como sé.

    Non será a última. Á Copa de España de Laser 4.7 seguirana outras cinco probas máis. Todas a nivel  nacional. Un logro para o Centro Galego de Vela de Vilagarcía que, aseguraron, é posible grazas á colaboración das institucións.

    A seguinte proba é a máis importante, e que fará de Vilagarcía a antesala das Olimpíadas de Río de 2016. Entre o 22 e o 26 de xuño celebrarase o Campionato de España de 49er e FX, que desprazará a numerosos deportistas olímpicos ás augas arousás.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí