O Circuíto Revolutrion Trail Series 2020 vén cargado de importantes novidades

PORTO DO SON> Esta mañá presentábase en Porto do Son unha nova edición do Circuito Revolutrion Trail Series. A proba, organizada pola asociación Arousa Natureza e Ocio, incluirá un total de cinco carreiras que discorrerán polos concellos de Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Noia.

O próximo 26 de xaneiro coa disputa do Trail da Cidá en Ribeira arrancará unha nova edición do Revolution Trail Series, unha cita que co paso dos anos se está a converter nunha das probas referentes desta modalidade deportiva en Galicia. Non hai máis que ver o número de participantes total en tódalas probas que supero os 1600 corredores.  Da man da asociación Arousa Natureza e Ocio, e coa colaboración dos concellos de Ribeira, a Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Noia, o circuíto incorpora este ano importantes novidades.

Ó Trail da Cidá, seguiralle o de San Isidro na Pobra, o día 16 de febrero; en Porto do Son, o 15 de marzo; e o de San Lois, en Noia, o 19 de abril. O remate do Circuíto volverá a ser o Ultratrail do Barbanza de 42 km que se disputará tamén en Ribeira o 10 de maio.

Na presentación da carreira tamén tomaron parte os corredores Carlos Lorenzo, segundo clasificado en homes, e Pati Martínez, a primeira clasificada en mulleres na xeral do circuito disputado o ano pasado.

Para máis información e inscricións os interesados poden consultar as webs www.arousa.com eou trailseries.run.