O BNG escenifica o drama da emigración xuvenil

    RIBEIRA> O voceiro nacional do BNG participou en Ribeira nun acto organizado pola mocidade. A través dunha representación simbólica puxeron de manifesto a realidade dos mozos galegos que se ven obrigados a emigrar ante a falta de oportunidades. Estas cadeiras baleiras xunto coas maletas e os nomes dos mozos poñen de manifesto a realidade dun país no que a mocidade vese na obriga de emigrar pola falla de emprego. Mediante este acto simbólico, os mozos nacionalistas do Barbanza quixeron chamar a atención sobre o actual panorama laboral que non ofrece oportunidades ós máis novos, a pesar de contar con ampla formación. O voceiro nacional do BNG puxo á formación que preside como garante do futuro xuvenil polo que animou ós mozos a darlle-lo seu apoio á formación nacionalista o vindeiro domingo nas urnas.