Alicia Alonso: ‘Querría vivir 200 años y que todo el mundo siga bailando’

ballet100_011009.jpgVILAGARCÍA> O público arousán rendeuse onte ante a arte do Ballet Nacional de Cuba, dirixido pola prestixiosa bailarina Alicia Alonso.

{flowplayer}images/salnes/ballet_alicia_alonso.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O público arousán rendeuse onte ante a arte do Ballet Nacional de Cuba. A compañía que dirixe a prestixiosa bailarina Alicia Alonso actuou no auditorio de Vilagarcía, onde presentou Giselle.

Esta gran obra da danza francesa é considerada o ballet fetiche de Alicia Alonso. En 1942, no Metropolitan Opera House de Nova York a cubana interpretou por primeira vez o personaxe protagonista, substituíndo a Alicia Márkova. A partir de aí, a lenda comezou a tomar vida propia.

O ballet Giselle leva anos sendo a carta de presentación persoal de Alicia Alonso e do Ballet Nacional de Cuba. De forma exquisita, os bailaríns contan unha historia de amor que vai máis aló da mesma morte. Alicia Alonso xa non baila, pero como coreógrafa consegue que a súa arte fale nos corpos dos membros da súa compañía.

Prima Ballerina Assoluta e directora dunha das máis prestixiosas compañías do mundo, Alicia Alonso é unha das personalidades máis relevantes na historia da danza. A piques de cumprir 89 anos asegura que inda lle quedan cousas por facer. O Ballet Nacional de Cuba e Alicia Alonso continúan a súa xira por Galicia. A seguinte e última parada será este sábado en Narón.

Redacción Salnés