O BNG propón unha corporación con once dedicacións exclusivas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/xunta_portavoces_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/xunta_portavoces_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Corenta e oito horas despois desas imaxes, Fernández Lores e o seu gabinete xa comezaron a traballar. Hoxe celebraron a primeira xunta de goberno deste novo mandato, que buscan iniciar cun ritmo elevado de decisións. Tamén arrancaron o seu traballo os voceiros da oposición, que foron convocados para a primeira xunta de portavoces. O obxectivo: traballar a proposta que se levará ao pleno que abordará a organización da nova corporación, convocado para este mesmo xoves.

Na primeira xunta de portavoces do mandato, o grupo municipal do BNG presentou a súa proposta ao resto das formacións. Os nacionalistas apostan por reducir as dedicacións exclusivas, que baixan de 15 a 11.

O que se manteñen son os salarios. O alcalde cobrará por debaixo dos 64 mil euros ao ano, mentres que a tenente de alcalde, Carme da Silva, cobraría un 10% menos. Para o resto de edís con dedicación exclusiva, o salario sitúase en case 44 mil euros.

Si hai cambios nas asignacións que percibirá cada grupo político para financiar os gastos de funcionamento.

PP, PSOE, Marea Pontevedra e Ciudadanos non entraron a valorar a proposta. As formacións analizaron o documento do grupo de goberno, e quedaron emprazados a un novo encontro mañá para valoralo e propor posibles modificacións.