{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/kiwi600_221113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/kiwi_221113.mp4{/flowplayer} RIBADUMIA> O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá o Salnés. Fixoo para participar no acto de de celebración do 25 aniversario de Kiwi Atlántico, no concello de Ribadumia. Alí falou das potencialidades deste producto e da industria agrícola, á que pretenden seguir impulsando dende o goberno autonómico. Xunto a Núñez Feijóo, no acto de celebración do 25 aniversario de Kiwi Atlántico participaron, ademais dos dririxentes e socios da empresa, diversas autoridades como a conselleira de Medio Rural Rosa Quntana ou o presidente provincial Rafael Louzán. Todos fixeron un percorrido polas instalacións previo ós discursos. Núñez Feijóo resaltou a importancia de seguir potenciando a investigación e a exportación dos productos galegos a mercados como o asiático. Dixo que a Xunta está apoiando neste sentido ás emresas con 20 millóns de euros. Asegurou que no medio rural galego hai capacidade para mellorar o producto Interior bruto de Galicia e que por iso se está a levar a cabo o programa de Desarrollo Rural 2014-2020. Tamén falou sobre a intención da Xunta de completar un paquete de leis que modifique a estructura rural galega, e facelo co consenso do resto de grupos políticos.
Inicio crb