RIANXO> A Policía Local e a Garda Civil detiveron a un veciño de Ribeira, de 44 anos, acusado dun presunto delito contra a saúde pública. Un dispositivo conxunto da Policía Local e da Garda Civil da localidade, dentro do plan de control de venda e consumo de estupefacientes en zonas de ocio e proximidades a centros escolares, permitiu a detención deste individuo. Os axentes interviñéronlle diversas substancias estupefacientes preparadas para a súa distribución e venda na rúa. Concretamente preto de 21 gramos de cocaína, dezanove de heroína e tres e medio de speed. Tamén lle requisaron varias armas brancas e outros efectos. Coa detención deste individuo, que xa pasou a disposición xudicial, dáse por desartellado un punto de menudeo e venda de drogas no municipio.
Inicio BARBANZA