Boiro garante a nutrición infantil cun comedor social durante o verán

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/comedor_social_boiro_2206151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/comedor_social_boiro_220615.mp4{/flowplayer} BOIRO> Por segundo ano consecutivo, o concello de Boiro volverá poñer en marcha un comedor social durante o verán. Unha vintena de rapaces beneficiaranse deste iniciativa na que, ademais da alimentación, recibirán unhas nocións sobre hixiene e hábitos de vida saudables. Este mediodía volveu abrir as súas portas o comedor social impulsado polo concello de Boiro. Vinte e dous rapaces terán garantida a súa manutención durante o verán. Ademais do xantar, que se sirve no restaurante Chicolino, recibirán unha bolsa para a merenda ou a cea en función das necesidades de cada familia. Esta iniciativa botou a andar o pasado ano cando o concello de Boiro decidiu atender a crecente demanda das familias con menos recursos. A través do fondo de emerxencia social , financiado integramente con cargo ós fondos municipais, habilitouse unha partida para cubrir as necesidades nutricionais dos máis pequenos. Dende o concello non dubidan en seguir investindo no desenrolo dos cativos, non só proporcionándolles unha correcta alimentación, senón tamén garantindo a súa inclusión.