RIBEIRA> O suceso producíase no lugar da Mámoa, na estrada que une Ribeira con Aguiño. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar á vitima, ó quedar atrapada no interior do seu vehículo. O suceso producíase ó redor das doce e media desta mañá, na estrada que une Ribeira con Aguiño, á altura do lugar da Mámoa. Por causas polo de agora descoñecidas un dos turismos, un Ford Focus de cor vermella que conducía un veciño da localidade de arredor duns corenta anos, colidiu frontolateralmente contra outro vehículo, un Skoda de cor branco, tamén cunha única ocupante, veciña da localidade duns cincuenta anos. Despois de inmobilizala e sacala do vehículo, foi trasladada en ambulancia do 061 ó hospital da Barbanza , aínda que o seu estado non revestía gravidade. A consecuencia do choque, a estrada permaneceu cortada ó tráfico durante varias horas, ata a retirada dos vehículos e a limpeza da vía. Ademais do equipo de bombeiros do parque de Ribeira, ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Policía Nacional e Local, así como tamén do Grupo de Emerxencias Municipal e da Garda Civil de Tráfico que procedeu a realización do correspondente atestado.
Inicio BARBANZA