Veciños da Covecha opóñense ó emprazamento da gasolineira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/vecinoscovechagasolineiraporto131213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/vecinoscovechagasolineiraporto131213.mp4{/flowplayer} POBRA> Consideran que o espazo escollido por Portos de Galicia non é o máis axeitado para este tipo de instalación, moi próxima a vivendas e a zonas de xogos para os cativos. Portando carteis en contra do emprazamento da gasolineira na Covecha, un grupo de veciños, na súa maioría residentes na zona, concentráronse e mesmo chegaron a cortar por uns momentos o tráfico para protestar contra a construción do surtidor nese lugar. Consideran que non é o máis apropiado ó atoparse próximo a vivendas e a zonas de xogo para os rapaces, dando outras alternativas para a instalación deste servizo. Acompañando a este grupo de veciños, atopábanse tamén membros do BNG da localidade, unha formación que dende un primeiro momento se mostrou reacia a que a gasolineira se instalara neste lugar. Os nacionalistas aludiron ás mentiras coas que o Partido Popular está a levar este asunto, en clara alusión ás afirmacións realizadas esta mañá polo portavoz do PP no Parlamento ante unha proposición non de lei presentada polo BNG e tamén pola postura partidista que mantén o alcalde neste asunto, que non apoia ás reclamacións efectuadas polos veciños, que mesmo chegaron a recoller máis de 700 sinaturas en contra deste proxecto. Dende as filas nacionalistas aludiron a que teñen previsto continuar na súa loita ata conseguir o seu propósito, que non é outro que un cambio de ubicación para a gasolineira.