O sector turístico prevé un verán histórico e agarda superar as cifras do 2010, Ano Xacobeo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/previsions_turismo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/previsions_turismo.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Este verán podería ser case histórico para o sector turístico. As previsións do Clúster Galego  son máis que esperanzadoras, e agardan que nos tres meses estivais se repita a boa tendencia que están a rexistrar dende comezos deste ano. Incluso agardan bater records de anos anteriores, como o 2010, Ano Xacobeo.

A piques de despedir o mes de xuño, o sector turístico recibe os meses punteiros da tempada de verán cos brazos abertos.

Parece que hostaleiros e empresarios do sector deixaron atrás o pesimismo doutros anos. De feito, as perspectivas son moi ambiciosas.

E é que a boa tendencia xa se está a rexistrar no que levamos de ano. Non só hai máis turistas. Tamén gastan máis.

Para conseguilo, hai un importante traballo detrás que dende hai varios anos ten unha senda ben marcada: a aposta pola calidade nos servizos.

Este ano, Sanxenxo repite como o destino de España con máis bandeiras azuis nas súas praias. Ademais, catro dos areais xa contan co distintivo Q de calidade.