{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/peche_ria_toxina_2906151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/peche_ria_toxina_290615.mp4{/flowplayer} BARBANZA> O peche cautelar dos polígonos bateeiros na ría de Arousa volve poñer contra as cordas ós mexilloeiros. O sector encadea, dende principios de ano, unha serie de episodios de marea vermella. Desta volta vense obrigados a parar a actividade en época de incremento de vendas, pola maior demanda do verán. A reaparición da toxina obrigou ó peche cautelar dos polígonos bateeiros da ría de Muros NoiA, Pontevedra e a práctica totalidade da de Arousa. O novo episodio de marea vermella non pode chegar en peor momento. Moitos produtores tiveron que pospoñer as tarefas de desdobre co que non dispoñen de corda suficiente para a cría. Trátase ademais dunha época no que o mexillón presenta un estado óptimo para a venda en fresco e a chegada dos turistas incrementa a demanda. Coa ría totalmente pechada, os produtores aproveitan para realizar tarefas de mantemento á espera de que remita a toxina. As expectativas non son moi boas en vista da tendencia do último ano no que a produción veuse afectada de xeito intermitente pola marea vermella. Os produtores quéixanse dos malos resultados dos últimos anos e temen que, de non remitir a toxina, se vexan condicionadas as futuras campañas.
Inicio crb