A ANPA apoia ó Director do IES da Illa

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/anpa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/21/EXPEDIENTE_DIRECTOR_DA_ILLA.mp4{/flowplayer} A ILLA>A ANPA do IES de A Illa apoio incondicionalmente ó seu Director Alfonso Malvido, unha vez que a Consellería de Educación está a comezar os trámites para destituílo. A liorta xurdíu a principios de curso cando o departamento autonómico decidiu ceder e mandarlles o profesor requerido cando xa comezaran as clases.Daquela o claustro deixou ós nenos sen clase un día para reorganizar os horarios, un erro imperdoable para a Xunta. Trala apertura dun expediente ó Director do Instituto da Illa, Alfonso Malvido por parte da Consellería de Educación, agora ábrese un proceso no que o Consello escolar deberá opinar diante da Delegación deste departamento Autonómico. Este proceso podería levar á destitución do antedito director por non abrir ó centro ós alumnos ó segundo día de clase por precisalo para que o corpo docente se reorganizase, logo de que a Consellería envíase a un novo profesor o luns pola tarde, xusto cando comezaron as clases. Aseguran desde a ANPA que o venres antes xa se anunciara desde a Consellería que accedía ás reiteradas peticións dos illenses de concederlles un docente máis; un extremo que non confirmaron ata o luns. Foi entón cando decidiron suspender as clases do martes para reorganizar un novo horario, algo que a ANPA dá por benfeito e que a Xunta valora como intolerable. A ANPA xa amosou o seu apoio incondicional a este Director e tamén manifestou as súas sospeitas desta decisión tan drástica de Educación; máxime cando a decisión foi adoptada por todo o claustro e as represalias só as tiveron contra unha persoa. Será a postura que manteñan mañá martes na reunión que haberá pola tarde na Casa do Concello para toda a Comunidade Educativa e veciñanza en xeral. Aseguran desde a ANPA que os profesores tamén apoian ó Director e que están a asesorarse legalmente para ver ata que punto poden chegar. Mentres tanto Malvido non quere pronunciarse publicamente, namentres está a procurarse o seu propio asesoramento legal. Cando menos conta, ó parecer, co apoio da Comunidade Educativa.