Entra en vigor a reforma do Código Penal que tipifica o furtivismo como delito

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/furtivismo_codigo_penal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/furtivismo_codigo_penal.mp4{/flowplayer}

     

    GALICIA> Mariscar sen permiso é, dende hoxe, un delito. A reforma do Código Penal recolle para os furtivos penas de entre 6 meses e dous anos de prisión. Ata o de agora, a situación resolvíase cunha multa que case nunca se pagaba por ser insolvente. O sector recibe estas novidades con alegría pero con reservas.

    O furtivismo xa é un delito. Coa reforma do Código Penal, en vigor dende hoxe, quen saia a mariscar sen permiso ou carné e sexa descuberto, poderá enfrontarse a unha pena de prisión de entre 6 meses e dous anos.

    Ata o de agora, a situación resolvíase cunha multa que, ademais, se eludía case sempre declarándose insolvente.

    A lei da os piares, pero será a xurisprudencia a que determine a relevancia do delito. Aquí é onde chegan as reservas dos patróns maiores.

    Incluso entre os que mariscan sen carné, os patróns maiores fan diferenciacións.

    O da necesidade é o argumento máis empregado polos mariscadores ilegais. Dende a agrupación carrilexa Lazareto, cren que esta modificación se realizou sen valorar o impacto social que tería.

    Segundo Ribadomar, dende Lazareto están a buscar unha asesoría xurídica especializada para conseguir apoio legal para os membros que se vexan afectados por esta modificación.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí