O BNG de Ribeira anuncia a súa abstención no pleno de investidura

RIBEIRA> A decisión dos nacionalistas, que foi tomada en asemblea esta pasada fin de semana, descarta un cambio de goberno na capital barbanzá.

Todo parece indicar que non haberá cambio de goberno en Ribeira. O BNG esfollou a margarida, e na asemblea da formación celebrada esta pasada fin de semana decidiu non entrar nas liortas entre o PP e o PBBI, e absterse na votación do pleno de investidura para non favorecer a ningún goberno de dereitas.

O que si están dispostos os nacionalistas, conscientes de que non existe maioría absoluta, é a falar, ó longo do mandato, sobre accións políticas a desenvolver que unicamente sexan beneficiosas para a veciñanza.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí