Tensión en Insuela ante un incendio moi próximo ás vivendas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/incendio_palmeira_0807151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/08/incendio_palmeira_080715.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Un incendio rexistrado este mediodía en Palmeira mantivo alerta ós veciños das vivendas do lugar de Insuela. As lapas chegaron ata os peches das vivendas obrigando ós propios residentes a axudar a extinguir o lume cos seus propios medios. O foco do lume orixinábase onte cando os medios de extinción conseguiron sufocar as lapas. Tras unha noite en tensión os veciños vían, impotentes, como este mediodía reactivábase o incendio. O forte vente provocou a súa rápida propagación chegando a cercar as vivendas da zona de Insuela e as inmediacións do cámping de Coroso. Medios aéreos e terrestres traballaron a reo para evitar que as lapas alcanzasen as propiedades conseguindo estabilizar o incendio en menos de dúas horas. Dous helicópteros, un axente, sete brigadas e catro motobombas participaron no operativo de extinción do incendio que se daba por controlado ás catro menos dez desta tarde tras afectar a unha superficie de dúas hectáreas arboradas. Precisamente os veciños din que non é a primeira vez que sofren episodios similares debido ó mal estado das fincas con árbores e maleza que favorecen a propagación do lume.