Os traballadores do parque chaman ao diálogo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/parque_maquinaria_bng.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/parque_maquinaria_bng.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Os traballadores do parque de maquinaria pararán as súas protestas para favorecer o diálogo. Tralos desencontros co goberno da Deputación das últimas semanas, a plantilla opta agora por calmar as tensións e favorecer unha negociación que poña fin ao conflito. De feito, anunciaron que o vindeiro luns solicitarán por rexistro un encontro no que desbloquear a situación.

O luns, os traballadores do parque de maquinaria solicitarán formalmente unha reunión co goberno provincial. Trala escalada da tensión das últimas semanas, buscan calmar a situación para favorecer o seu desbloqueo.

Insisten en que esta situación só prexudica á plantilla, e acusan ao vicepresidente César Mosquera de incendiar o conflito. 

Esta mañá non protestaron na Deputación pero trasladaron a reivindicación á sé local do BNG. Alí entregaron un panfleto para explicar a súa situación. Despois, repartiron copias polo centro de Pontevedra.

Os traballadores fixeron un chamamento á cordura e á sensatez para desatascar o conflito.