O concello de Muros propón modificar o convenio da policía

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/conflitogardaspoliciamuros080414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/conflitogardaspoliciamuros080414.mp4{/flowplayer} MUROS> Os sindicatos dos traballadores do concello e da policía local de Muros mantiveron unha xuntanza co executivo para modificar as condicións do convenio referidas ó corpo policial. A alcaldesa de Muros mantivo unha xuntanza con representantes da policía local, corpo co que mantén un conflito o executivo a raíz da realización das gardas nocturnas. O convenio colectivo só contempla a realización de quendas nocturnas durante os fins de semana do verán; algo que, segundo a alcaldesa, resulta gravoso para o concello. A pesar do contido do convenio e da existencia dunha sentenza do contencioso administrativo que obriga ó concello a respectalo, os axentes están a realizar na actualidade gardas nocturnas por necesidades do servizo. Sen embargo, insisten en que non cobran máis por estas tarefas a pesar que dende a alcaldía sosteñen que as nóminas inclúen unha partida de nocturnidade e festivos. O obxectivo do executivo local é chegar a un acordo que permita a modificación do convenio de xeito que o servizo prestado pola policía se adapte ás necesidades reais do concello, mesmo incorporando ós axentes en segunda actividade para a realización de gardas.