A Deputación desminte querer desmantelar a Mancomunidade e acusa ao PP de facer ‘ruído’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/deputacion_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/deputacion_mancomunidade.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> O bipartito da Deputación de Pontevedra respondeu esta mañá ás acusacións do Partido Popular de O Salnés de querer desartellar a Mancomunidade. O vicepresidente César Mosquera achaca as declaracións ao nerviosismo dos populares, e asegurou que no encontro en Vilagarcía buscan abrir novas opcións e explicar o novo funcionamento do goberno provincial. A presidenta, pola súa banda, apunta a que o enfado do PP débese á falta de propostas propias.

O enfado do Partido Popular de O Salnés xa ten resposta da Deputación provincial. O goberno descarta calquera intención de desartellar a Mancomunidade.

Para o vicepresidente, a xuntanza do vindeiro martes busca recadar a opinión dos alcaldes sobre os plans da Deputación en competencias nas que antes non interviña. En aras, asegurou, da transparencia.

Sobre o outro motivo de enfado, o nomeamento do deputado e concelleiro de Bueu Xosé Leal como representante territorial de O Salnés, a presidenta provincial foi contundente e non pon en dúbida a escolla do seu socio de goberno.

Deste xeito, Silva desbota tamén as palabras de Gonzalo Durán apuntando a problemas no seo do bipartito. Acusou aos populares de facer unha política do pasado e buscar o ruído para agochar a súa falta de propostas.

Silva pediu tranquilidade e asegurou que, con seu goberno, vai mellorar a calidade de vida dos cidadáns do Salnés.