O PP de Sanxenxo propón deslocalizar os parkings para evitar atascos

    SANXENXO>

     

    Conducir polo casco urbano de Sanxenxo antóllase estes días misión imposible. As retencións, e a busca de sitio para aparcar, complícanse en horas puntas e amosan a necesidade de habilitar máis zonas nas que estacionar. Esta mañá, na comisión de urbanismo, solicitouse autorización para habilitar na Praza do Mar 200 prazas de aparcamento. Unha idea descabellada para o Partido Popular do municipio. Segundo o seu voceiro, Telmo Martín, a solución ten que vir por abrir máis aparcamentos e non centralos todos na zona portuaria.

     

     

    Doce da mañá, casco urbano de Sanxenxo. Imposible moverse co coche. Nin atopar aparcamento. É por iso que na comisión de urbanismo celebrada esta mañá, o goberno local solicitou autorización para habilitar 200 prazas de aparcamento na Praza do Mar, a situada enriba do parking do Porto Deportivo. A idea atopou coa negativa da oposición. O Partido Popular considera que o único que se vai conseguir é atascar máis a única vía de acceso á zona, e arteria á vez do municipio.

     

    Alongar Sanxenxo desde Panadeira a Punta Vicaño creando bolsas de aparcamento deslocalizadas que faciliten a mobilidade no interior do municipio.

     

    Sen esquecer a Portonovo.

     

    Pero esta non é a única medida coa que están desconformes no Partido Popular. A decisión de habilitar a Praza do Mar para a carga e descarga non gustou nada entre as ringleiras da gaivota.

     

    A solución, segundo Martín, pasa por regular as zonas de carga e descarga e facer que se cumpran os horarios coa vixilancia da Policía Local como apoio.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/ppparkingsanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/APARCAMENTOS_SANXENXO.mp4{/flowplayer}