Alejandro Fernández e Joselyn Brea vencen na VII Sin-Son 10K

PORTO DO SON> A proba, que tiña lugar onte domingo, reuniu a máis de dous mil corredores na categoría absoluta. Na xornada previa, a do sábado, disputáronse tamén as carreiras para categorías escolares.

Uns dous mil corredores tomaron onte a saída na Sin-Son 10k, batendo así as previsións marcadas pola organización, que se puxo coma meta superar esa cifra. O bo tempo axudou tamén ó bo desenvolvemento da proba, que transcorreu sen incidencias. Antes da saída da carreira, fixada para as once da mañá, gardouse tamén un minuto de silencio polas traxedias mariñeiras do ‘Sin Querer Dous’ e ‘O Silvosa’, así como tamén pola última víctima de violencia machista, Laura Luelmo. Foi a nota solidaria dunha proba que dende un primeiro momento estivo dominada por un pequeño pelotón de corredores entre os que se atopaban o olímpico Carles Castillejo, Nuno Costa e Alejandro Fernández. Finalmente foi este último, nun apretado sprint, o que atravesaba primeiro a liña de meta, cun tempo de 30 minutos e 8 segundos. En segundo lugar entrou Nuno Costa a tan só un segundo e de terceiro Carles Castillejo a seis segundos. Na categoría feminina a vencedora final foi Joselyn Brea cun tempo de 33m 53 segundos. Na segunda praza entrou Esther Navarrete, a sete segundos da gañadora, e na terceira posición a outra das irmáns Brea, Edymar cun tempo de 34m 59s.

A proba de patíns, unha modalidade nova na carreira deste ano, a vitoria foi para Jorge Castro, que estableceu un tempo de 18 minutos e 36 segundos, mentres que a madrileña Ana Pérez acadaba o primeiro posto feminino en 26 minutos e 53 segundos.

O premio o club con máis participación para o de Fontes do Sar, cun total de 43 participantes na carreira.