Preocupación na Pobra ante a última vaga de roubos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/incremento_roubos_pobra_2409151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/incremento_roubos_pobra_240915.mp4{/flowplayer} POBRA> Policía Local e Garda Civil intensifican estes días os labores de vixilancia nas rúas. A Garda Civil e a Policía Local están a intensificar estes días a vixilancia nas rúas debido ó incremento rexistrado nas últimas semanas no número de roubos na localidade. Na maioría dos casos os furtos non son demasiado importantes. Trátase de actos delitivos a pequena escala, onde o botín, que chegan a levarse os delincuentes, non é demasiado elevado. Se hai uns días o branco dos amigos do alleo foron varios vehículos estacionados no interior dun garaxe da vila, a pasada madrugada entraron en varias unitarias, concretamente nas escolas da Angustia e Vilariño, aínda que finalmente non chegaron a levarse nada. Neste senso, tanto a Policía Local coma tamén a Garda Civil, están a intensificar a vixilancia, con máis presenza policial nas rúas, tratando de evitar, na medida do posible, que os cacos poidan campar ás súas anchas.