O concello pobrense pagará ás empresas que xestionaban as multas de tráfico

POBRA> Os informes dos técnicos municipais e da asesoría externa consultada aconsellan abandonar esta loita, xa que o concello tería tódalas de perder. Despois de numerosas reunións cos veciños afectados polas multas do radar e tamén do foto-roxo, que a principios de ano foron sancionados, o concello decidiu apartarse do proceso e pagar finalmente ás dúas empresas que se encargaban da xestión destas sancións, xa que de non facelo estaría incorrendo nunha ilegalidade, ó non cumprir co establecido no contrato. Os afectados deberán realizar agora de xeito individual as súas alegacións, para o que si disporán da axuda do concello. Por outra banda na reunión acordouse tamén que o concello rescinda o contrato con Recigés, precisamente unha das empresas que se encargaba da xestión do cobro das multas, cuxas competencias serán asumidas por un empregado municipal. O alcalde informou tamén que o concello decidiu tamén seguir co foto-roxo, coa finalidade de que se respecten as normas de tráfico no cruce dos semáforos.