A Xunta tamén recorrerá a sentencia do ‘Prestige’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/recursoxuntaprestige.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/RECURSO_XUNTA_PRESTIGE.mp4{/flowplayer} SANTIAGO> O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, anunciou á saída do consello da Xunta que a Asesoría Xurídica do goberno galego rematou a análise do fallo xudicial, e tralo resultado decidiron recorrelo ante a ‘falla de responsabilidade económica’, di Feijoo, polo dano e custe ambiental que o desastre ocasionou a Galicia. Ás poucas horas de coñecerse a sentencia do Prestige, o presidente do goberno galego xa amosaba a ‘decepción’ do executivo autonómico ante o fallo ditado pola audiencia provincial da Coruña, no que se absolvía ós tres encausados polo delito medioambiental e só se condenaba ó capitán do barco, Apostolos Mangouras, a nove meses de cadea por desobediencia ás autoridades españolas. Nese momento encargouse á asesoría xurídica da Xunta a análise da sentencia, e agora, unha vez concluída, o goberno galego decide recorrela. A condonación desa desfeita ecolóxica é precisamente a fin que busca a Xunta coa presentación deste recurso. Pretenden que ‘a clasificadora, a aseguradora e a armadora non queden impunes’ no pago das indemnizacións reclamadas en xuízo.