A caída de ingresos leva á confraría de Rianxo a tramitar un ERE

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/ere_confraria_rianxo0411151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/ere_confraria_rianxo041115.mp4{/flowplayer} RIANXO> A confraría de Pescadores de Rianxo iniciará este mes un expediente de regulación de emprego debido á mala situación económica pola que atravesa a entidade. A medida afectará a totalidade de traballadores do pósito, que verán reducida a súa xornada laboral e tamén os seus salarios. Como xa acontecera con anterioridade noutros pósitos da zona, a mala situación económica levou á xunta directiva da confraría de pescadores de Rianxo a poñer en marcha un expediente de regulación de emprego. A medida, que comezou a facerse efectiva a comezos deste mes de novembro, afectará ós once traballadores do pósito, que verán reducida a súa xornada laboral e tamén os seus soldos. Segundo explicou o propio patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, trátase dunha situación xa insostible, derivada fundamentalmente da caída dos ingresos pola baixa no prezo do marisco e tamén pola escaseza de recursos. Iglesias apunta tamén a outras razóns para explicar os problemas polos que atravesa o pósito, responsabilizando tamén do problema á anterior xunta directiva, xa que, segundo el, debido á súa mala responsabilidade e xestión, levaron a entidade á situación de crise actual. O ERE está previsto que se prolongue ata o ano 2018, sempre e cando non varíen as actuais circunstancias.