Secuestran a dúas mulleres nunha urbanización de Vilagarcía

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/coche1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/21/secuestro_rial.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> Dúas mulleres foron secuestradas onte nunha vivenda de Vilagarcía e logo, os encarrapuchados que as retiñan, fuxiron levándose dous coches de alta gama. Un deles aparecía onte pola tarde calcinado nunha pista de Meis e o outro apareceu esta mañá en Vilagarcía. A Policía Nacional investiga este curioso caso que podería estar vencellado a un axuste de contas por narcotráfico. Dúas mulleres foron retidas onte neste chalé da rúa Xesta, na vilagarciá urbanización de O Rial. Eran a dona da casa, Charo, e a súa empregada do fogar. A Policía Nacional investiga os feitos que están a ser instruídos polo Xulgado de Garda de Vilagarcía. A retención foi tan sixilosa que nin os veciños se deron conta de que acontecía algo estraño dentro desta luxosa vivenda. Moitos deles enterábanse hoxe do acontecido polos medios de comunicación. O roubo non foi o móbil do secuestro posto que os asaltantes non se levaron nada de valor, salvo dous vehículos de alta gama, un Audi A8 e un A6 que empregaron para fuxir desta zona residencial. Minutos máis tarde o Audi 6 aparecía queimado nesta pista forestal de Vilanoviña, no Concello de Meis. A partires do número de bastidor deste vehículo, foi cando os axentes da orde vencellaron os dous casos: o incendio do coche e o secuestro. De feito, os veciños do Rial percatáronse de que algo raro acontecida cando a Policía se desprazou a este lugar. Os veciños non queren entrar a comentar o caso posto que esta familia non se relacionaba moito con eles. Amais, o marido de Charo é José Ramón Dorgambide Casais, máis coñecido como o Panadeiro ou Monchi, está arestora en prisión acusado de narcotráfico. Os axentes da orde cren que este home de 43 anos era un dos homes fortes do clan de David Pérez Lago, o fillo de Ester Lago e fillastro de de Laureano Oubiña. Esto fai pensar ós investigadores que podería tratarse dun axuste por tráfico de drogas, aínda que non se descartan outras hipóteses.