Emprego e turismo internacional, logros e retos da Mancomunidade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/balancemancomunidade14.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/BALANCE_MANCOMUNIDADE_2014.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> O arranque das obras de ampliación do hospital do Salnés, o impulso á formación e inserción laboral e a internacionalización turística presentáronse como os principais fitos logrados pola Mancomunidade do Salnes no 2014. Liñas que seguirán guiando a xestión do ente neste ano que comeza. Co arranque da obras de ampliación do hospital do Salnés en decembro abría tamén o presidente da Mancomunidade o balance de logros do 2014. Os plans de formación e inserción laboral foron outros dos puntos fortes da xestión do ente comarcal. Beneficiáronse deles unhas trescentas persoas entre os obradoiros de Hostalaría V e VI, os Plan ‘Emprega Salnés II e III’ ou o plan de recualificación profesional de universitarios. Pero se hai un campo no que se están a concentrar esforzos é na atracción de turistas estranxeiros. Mexicanos, alemáns e rusos centraron a atención da Mancomunidade no 2014. Non só captar ós residentes nos seus países de orixe, senón tamén ós que se atopan asentados no Levante español. No 2015 seguirán afondando nestes nichos de turistas pero tamén porán a olla nos escoceses, intentando atraelos sobre todo como peregrinos que percorran a Variante Espiritual do camiño de Santiago. Destacan tamén neste eido a posta en marcha doutra ruta de peregrinación no Salnés, a do Pais Sarmiento, que permitiu introducir nos camiños da peregrinación a concellos como O Grove ou Sanxenxo. Xa teñen tódolos treitos deseñados e en poucas semanas comezarán coa sinalización. A renovación do convenio coa Axencia Galega de Turismo, a posta en marcha do Centro de Información Comarcal á Muller, a entrada en funcionamento da Depuradora situada en Ribadumia ou os servizos en infraestruturas ós concellos, como os de bacheado ou limpeza de cunetas, completan a lista de tarefas. Para o 2015 propoñen un ‘suma e segue’.