Mobilizacións para denunciar os recortes na atención primaria

VILAGARCÍA> Esta semana xa publicamos a situación da atención primaria en boca dos profesionais que a conforman. Esta mañá a plataforma SOS Sanidade Pública Salnés convocou aos medios nas portas do centro de saúde de San Roque en Vilagarcía, para anunciar as próximas accións que levarán a cabo para protestar por esta situación.
Dende a plataforma SOS Sanidade Salnés convocou aos medios para denunciar, unha vez máis a situación, que segundo afirman está padecendo a atención primaria. As portas do centro de saúde de San Roque en Vilagarcía, foi o escenario no que diferentes rostros da vida política e social da comarca se deron cita.
Rosa Casal, voceira da plataforma no Salnés afirmou na súa comparecencia que os recortes nesta atención é un asunto que ven de moi atrás, aínda que agora está chegando, segundo as súas palabras a “un nivel insostible” que afecta a este servizo e xera innumerables problemas.
Por esta situación dende a plataforma apelan a cidadanía, para recordarlles que a sanidade é cousa de todos, e recordan que en Compostela haberá unha manifestación o vindeiro 10 de febreiro e anunciar que no Salnés haberá unha manifestación simultánea nos centros de saúde de tódolos centros de saúde que conforman a antiga area sanitaria, as 12 da mañá. Ademais anuncian que haberá autobuses dende os concellos implicados salvo dende Vilanova de Arousa, aínda así recordan que se poderá reservar praza nos autobuses dos concellos limítrofes.