Stop Desafiuzamentos pide medidas para erradicar o chabolismo no Barbanza

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/denuncia_chabolismo_stopsdesafiuzamentos_2912151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/29/denuncia_chabolismo_stopsdesafiuzamentos_291215.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Stop Desafiuzamentos solicitou ás Consellerías de Familia e de Vivenda a toma de medidas para erradicar o chabolismo do poboado xitano de Ribeira. Tras unha visita á zona, emprazada en Deán, os responsables da plataforma comprobaron as malas condicións en viven moitas familias, con menores ó seu cargo. A pesar dos programas desenvolvidos polas administracións para erradicar o chabolismo en Galicia, o certo é que a situación continúa practicamente igual en moitos concellos. É o caso de Ribeira onde se atopa o poboado xitano de Deán no que actualmente malviven moitas familias. Infravivendas que non reúnen as mínimas condicións de habitabilidade ou mesmo caravanas constitúen a súa residencia habitual. A maioría das familias teñen menores ó seu cargo. Tras coñecer de primeira man a realidade destas persoas, Stop Desafiuzamentos remitiu sendos escritos ás Consellerías de Vivenda e de Familia. Púxose ademais en contacto co concello de Ribeira para buscar unha solución. Propoñen, como alternativa, que se facilite un alugueiro social, o realoxo ou a legalización da maioría das vivendas que foron construídas sen licenza.