Veciños e comerciantes valoran os estragos

PONTEVEDRA> Esta mañá aínda non había unha explicación oficial da orixe do lume. As investigacións dependen da Policía Nacional, que debido ás altas temperaturas non podía acceder ao inmoble. O interior quedou completamente arrasado, devorando unha das tendas máis míticas de Pontevedra “A Moda Ideal”, con máis dun século de historia. Non houbo que lamentar danos persoais.

 

Esta mañá eran os propietarios dos negocios afectados os que valoraban as perdas. Na fachada da Michelena, a zapatería Cuplé foi a máis afectada. Os locais veciños tampouco sabían se hoxe poderían abrir as súas portas.

Peor parados aínda saíron os negocios da fachada de A Ferrería. As lapas arrasaron a histórica tenda de teas “A Moda Ideal”, con máis de 100 anos de historia en Pontevedra. Tamén co estudo de fotografía de Teresa Malvar, que ocupaba o piso superior dende 1980.

Teresa Malvar non ocultaba o seu enfado cos servizos de emerxencias. Para ela, os seus negocios foron abandonados á súa sorte.

Aínda que no edificio afectado non había vivendas, os inmobles máis próximos foron desaloxados pola policía. Un susto do que os veciños tardarán en recuperarse. É o caso de Lourdes: a súa nai foi unha das persoas que atendeu o 061.

O concello fíxose cargo de realoxar a 12 veciños do entorno. O resto, pasaron a noite en casas de amigos ou familiares. Hoxe puideron volver pouco a pouco ás súas vivendas.

 {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/ferreria_dia_despois.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/ferreria_dia_despois.mp4{/flowplayer}