“O Mulo” confirma os feitos e exculpa da causa a 2 dos 14 acusados

Pontevedra> Nova xornada do xuízo contra O Mulo e os outros 12 acusados por narcotráfico de 3500 quilos de cocaína en agosto do 2008. O Mulo confesou esta mañá os feitos e recoñeceu os seus escritos, onde con nome e apelidos di a función que tiña cada un dos compoñentes desta banda. O Mula exculpa de todo cargo a 2 dos 14 acusados. Unha terceira xornada de xuízo que rematou como se de unha película se tratase. O Mulo dixo que quería facer un inciso para anunciar que fora ameazado por Fernando Bugallo o que, segundo él, dixo que declarase que nada tivo que ver con todo isto… Unha mañá que comezou coa declaración do Mulo onde recoñeceu a súa carta manuscrita do 2014 onde detallaba a operación pola que se lles está xulgando, o desembarco de 3,5 quilos de cocaína en agosto do 2008. O Mulo incluso chegou a dicir nunha ocasión que operación de narcotráfico na zona do Salnés as había de pascuas en venres. Esta mañá confesaron os feitos él e Luis Fajardo, quen recoñeceu ser o mecánico da lancha e un dos seus tripulantes, ademais de ordenar tirar os fardos pola borda e queimar a planeadora. Mañá reanudase este xuízo onde dos 14 acusados, o Mulo exculpa ao dous fillos da súa exparella.