Bota a andar o “CULTURDEZ”

Pontevedra> 128 expositores ofrecer os seus produtos nesta décima edición do Culturgal. Como novidade neste ano, a apertura de fronteiras, coa presenza de Portugal e un novo espazo expositivo de arte contemporánea. Todos os que participan neste iniciativa coinciden ao afirmar que esta cita é unha oportunidade única para darse a coñecer en todo o país. Xogos tradicionais, literatura galega, teatro, música, cine o Cultudez ofrécenos todas as propostas posibles no eido da cultura. Un escaparate único onde poder expoñer o teu producto. Moitas son as empresas que repiten experiencia, outras, pola contra, chegan por primeira vez. Se deciden pasar por este culturgal, ademais de máis de 130 actividades espalladas nesta Feira das Industrias Culturais, tamén se atoparán con 128 expositores que ofrecen o seu mellor produto. Así que xa o sabe, pasen e vexan, dende hoxe e ata este domingo 3 de decembro teñen unha cita coa cultura do país, neste CULTURDEZ, lembren, no recinto Feiral de Pontevedra.