Ravella apoia aos veciños da Rúa da Estación pero non pode facer nada

    VILAGARCÍA> Adif non conseguirá previsiblemente o vao para o paso de vehículos de gran tonelaxe na rúa da Estación. Esta mañá os representantes das comunidades de veciños afectados reuníronse co alcalde para coñecer a súa posición acerca do estacionamento privado que quere crear Adif nos seus terreos. Varela asegurou que aínda que ten as mans atadas nese asunto, votarán a favor da moción acerca da denegación de vaos de vehículos pesados na rúa.

     

    Esta mañá, representantes das comunidades de propietarios da rúa da Estación reuníronse co grupo de goberno para expresar a súa preocupación e malestar ante a intención de Adif de crear un estacionamento privado en terreos que agora mesmo son de libre uso a pesar de ser da súa propiedade.

    Dende Ravella quixeron apoiar aos veciños afectados asegurando que eles non están a favor da desaparición de prazas de estacionamento, pero que é un asunto no que non teñen potestade para actuar. Diferente é o caso do vao que Adif solicitou para o tráfico de camións de máis de 3’5 toneladas nesa rúa para a construción do aparcadoiro.

    A moción que presentará en pleno mañá polo Bloque Nacionalista Galego será apoiada polo PSOE e tocará esperar para saber que deciden o resto de grupos. Dende Ravella non descartan poder encontrar unha solución con Adif, pero adiantan que é decisión da ferroviaria.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/varela_praza_estacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/varela_praza_estacion.mp4{/flowplayer}