O paseo a Vilaxoán, rematado en mes e medio

VILAGARCÍA> Nun prazo máximo dun mes e medio estará rematada a obra do paseo marítimo de Canelas, entre Vilagarcía e Vilaxoán. A reforma xa está moi avanzada. Só resta a instalación de mobiliario urbano e vexetación. O alcalde fala dunha obra que converte o espazo nunha zona de desfrute para os veciños, malia estaren ao carón da depuradora.

O paseo cara a Vilaxoán, na contorna de Canelas, está a piques de converterse en realidade. A obra vai rematar, como máximo, nun prazo de mes e medio. A vía conserva o dobre sentido e incorpora un carril bici e beirarrúas. A reformulación do proxeto, que supuxo retrasos e máis investimento, permitiu -di o alcalde de Vilagarcía-, dar resposta a todas as demandas.

Esta mañá o alcalde e membros do goberno local visitaron. O rexedor explica que a parte máis importante do proxecto é a que non se ve.

Na superficie, só resta a humanización da vía, coa instalación de bancos, farois e vexetación. Deste xeito, segundo explican, buscan converter esta zona de tránsito nun lugar de encontro. Algo, aseguran, que xa ocorrendo dende o primeiro momento.

A obra conta cun orzamento que, finalmente, vai supera-los 800.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí