![]()
RIBADUMIA> Este investimento responde as obras que se van a executar, desde mañá, nas parroquias de Leiro, Lois e Ribadumia.
Mañá darán comezo as obras para mellorala seguridade viaria nas parroquias de Leiro, Lois e Ribadumia. Así o ven de anunciar a alcaldesa, Salomé Peña. Unhas obras que teñen coma finalidade mellorala rede de estradas principais do municipio.
Estas enmárcanse dentro dun proxecto que conta cun investimento de 1,8 millóns de euros grazas a un convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente e a Deputación de Pontevedra.
As obras consisten na mellora da estrada PO- 300, coa creación de beirarrúas entre a rotonda de Leiro cara Portarís, así coma no tramo pendente na estrada EP- 9305 cara Cruz, en Lois. Abarcarán, así mesmo, a ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga, a mellora do alumeado público e o acondicionamento de aparcadoiros nunha marxe da calzada.
Na intersección que une o lugar de Cruz con Lois, Paradela, Besomaño, Ribadumia ou Mosteiro, construirase unha glorieta coa que mellorala visibilidade na circulación reordenalo fluxo de tráfico.
O proxecto tamén inclúe a creación de beirarrúas e dotación de servizos no tramo entre O Freixo e Leiro.
As obras no tramo Freixo- Leiro- Ribadumia serán financiadas ó 50% entre ambas institucións coa contribución de cada unha de 324.345 euros nas anualidade 2010 e 2011. O prazo de execución das obras é de tres meses.
Redacción Salnés








