Orbil agasalla con libros aos nenos hospitalizados

PONTEVEDRA> A literatura infantil e xuvenil chega ao Hospital Provincial de Pontevedra da man de Orbil, a mascota do Salón do Libro.

Ás portas da apertura do Salón, que dará comezo este venres día un e que se poderá visitar ata o propio Día do Libro o 23 de abril, o lobo devorador de contos achegouse esta mañá ata o hospital para agasallar con lotes de libros e peluches aos 11 nenos que neste momento están hospitalizados na sección de Pediatría para animar así a súa estancia e promover a lectura entre os máis pequenos. Posteriormente os 11 nenos puideron desfrutar dun contacontos a cargo do colectivo “Polo Correo do Vento”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí