Arquivada a denuncia contra Marisol Villar por unha presunta ‘caixa B’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/arquivo_fiscalia_denuncia_marisolvillar_0604161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/06/arquivo_fiscalia_denuncia_marisolvillar_060416.mp4{/flowplayer} NOIA> A Fiscalía arquivou a denuncia presentada pola anterior goberno de Noia contra Marisol Villar. Nela acusábase á tenente de alcalde de promover unha suposta caixa B ó non constar oficialmente no concello os ingresos para financiar unha viaxe a Benidorm. Visiblemente emocionada, a tenente alcalde de Noia presentaba esta mañá a sentenza que decreta o sobresemento e arquivo da causa iniciada contra ela polo anterior goberno local. Hai uns meses, cando se confirmou a intención de presentar unha moción de censura contra o goberno presidido por Miguel Paz, este destapou a existencia dunha suposta caixa B relacionada cunha viaxe a Benidorm da que non constaba ingreso algúns na contabilidade municipal. Ademais da sentenza, a concelleira do NOIA presentou as facturas detalladas da viaxe organizada polo seu departamento, correspondentes á contía total do pago realizado por cada un dos asistentes á excursión, ela incluída. Marisol Villar atribúe á mala fe de Xosé Manuel Lage, membro do anterior executivo, esta manobra para tentar ensuciar o seu nome. Lonxe disto, insinúa que foi o goberno saínte o que levou a cabo prácticas pouco éticas coa adxudicación de proxectos de dubidosa legalidade.