O temor ás sancións obriga ós mariscadores de Aguiño a deixar de fondear no Carreiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/confraria_aguino_conflito_carreiro2906161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/29/confraria_aguino_conflito_carreiro290616.mp4{/flowplayer} RIBEIRA>Os mariscadores de Aguiño decidiron deixar de fondear estes días na zona do Carreiro ante o temor a ser sancionados pola Garda Civil. Segundo explicou o patrón maior, José Antonio Santamaría, nos próximos días está previsto celebrar unha xuntanza para acordar as medidas de presión a realizar para seguir defendendo a exclusividade de Aguiño nesta concesión. As embarcacións da confraría de Aguiño deixaron estes días de acudir, como acostumaban, ata a zona do Carreiro, para impedirlle realizar o seu traballo ós mariscadores de Ribeira que traballan na zona na captura da navalla. O motivo ó parecer desta decisión vén provocada polo temor a que sexan sancionados por parte da Garda Civil. Dende hai varios meses os mariscadores de Aguiño manteñen un conflito pola exclusividade deste banco marisqueiro. Dende o pósito aguiñense seguen apelando a razóns históricas para defender a propiedade desta zona, unha das máis produtivas do pósito. Un espazo que seguirán defendendo ó considerar que é seu. Nos próximos días teñen previsto manter unha reunión para tratar de acordar as medidas de presión a realizar a partir de agora. O que si teñen claro é que seguirán defendendo esta zona como súa.