O BNG da Pobra reclama o reforzo do servizo de pediatría no centro de saúde

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/bng_pobra_servizo_pediatria0704161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/bng_pobra_servizo_pediatria070416.mp4{/flowplayer} POBRA> A solicitude será levada ó Parlamento a través dunha Propisicón non de Lei que presentará o seu grupo parlamentario. O BNG da Pobra do Caramiñal considera necesario o reforzo do actual servizo de pediatría no centro de saúde da localidade. Non é a primeira vez que o fan, recollendo o malestar de moitos pais que se queixan da existencia dun único facultativo especialista en medicina infantil para atender a unha poboación potencial de máis de mil nenos. A situación agrávase nos períodos nos que este pediatra, que consulta só en horario de mañá, se ausenta do seu posto de traballo, por vacacións, baixas ou permisos de traballo, xa que non se cubre o seu posto, obrigando ós pais a levar os seus fillos a outros concellos veciños ou mesmo á sanidade privada para seren atendidos. Dende o BNG consideran que non é un problema único e exclusivo deste concello, senón que se da tamén noutras localidades veciñas como é o caso de Rianxo ou Noia. Trátase segundo eles dun exemplo máis das políticas de recortes que o Goberno galego está a aplicar en materia de sanidade, provocando o deterioro do sistema sanitario público en favor da sanidade privada. Por esta razón presentarán unha Proposición non de Lei no Parlamento para que se dote a este dispensario dun novo pediatra máis en horario de tarde.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí