A vendima comezou hoxe na Denominación de Orixe Rías Baixas

vendima_100_190907_-_still_001.jpgSALNÉS> A vendima xa comezou nas grandes bodegas vitivinícolas do Salnés. Estas fixaron esta semana como o inicio oficial

… da vendima aínda que o groso da recollida da uva será o sábado e o domingo. Moitos viticultores e bodegueiros comezaron hoxe a vendima na zona do Salnés xa que o tempo mellorou despois das choivas do domingo e o luns.

Despois de inspeccionar diferentes parcelas, os técnicos de campo das bodegas coinciden en sinalar que o rendemento por hectárea será inferior á do ano pasado. Nembargantes afirman que a calidade do viño será moi boa.

Este comezo da vendima na Denominación de Orixe Rías baixas xerará, ademais, postos de traballo. Máis de 18.000 xornaleiros serán os encargados de vendimar os 24 millóns de quilos de uva que o Consello Regulador estima que se recollan este ano.

Redacción Salnés