Noia Histórica pide máis zonas de estacionamento no casco urbano

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/problematicaaparcamentosnoia2710141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/27/problematicaaparcamentosnoia271014.mp4{/flowplayer} NOIA> O inicio das obras no Malecón de Gasset, que suporá a perda de máis prazas de aparcamento, molesta ós comerciantes noieses. Sen entrar a valorar o proxecto en sí que o executivo noiés ten deseñado para a zona do Malecón de Gasset. Unha actuación xa iniciada. Dende Noia Histórica criticaron a eliminación de novas prazas de estacionamento na vila. Un problema que veñen denunciando dende hai tempo, e que os diferentes gobernos que pasaron polo concello non foron quen de solucionar. Por esta razón esixen a execución inmediata de novas zonas de aparcamento, como podería ser a prevista para o Peirao do Marqués, pendente aínda da autorización de Portos de Galicia, ou na propio Unidade de Atuación Número 3, en San Lázaro, chegando a acordos puntuais cos propietarios dos terreos.