RIBEIRA> A cita desenvolverase o próximo un de setembro. Como xa é habitual, este ano celebrarase na capital do Barbanza a Andaina Popular Concello de Ribeira. Trátase da décimo sexta edición da proba e convértese así na andaina de larga distancia máis lonxeva de Galicia. Cincuenta quilómetros que percorrerán gran parte dos miradoiros do municipio, como son o miradoiro da Garita, o da Pedra da Rá ou o do Parque Periurbano de San Roque. Dende a organización calculan que disputarán a andaina ó redor de trescentas persoas, cifra a que case chegaron o ano pasado. E coma na anterior edición, este ano tamén haberá tres distancias curtas, de vinte, trinta e corenta quilómetros, para os participantes menos preparados. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro trinta de agosto. Os participantes poderanse apuntar a través da páxina web do concello www.riveira.es ou a través da plataforma www.emesports.es. A saída farase ás nove da mañá dende o Complexo Deportivo A Fieiteira, e a partir das catro da tarde as piscinas municipais estarán abertas para desfrute exclusivo dos participantes.
Inicio BARBANZA