PONTECESURES> A Xunta e o concello de Pontecesures colaboran na mellora das instalacións deportivas da localidade. Esta mañá Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, coñece o estado de distintos proxectos de colaboración entre ambas administracións. Entre elas, as mellores do Campo de Fútbol municipal, cunha inversión de 36.000 euros . O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou esta mañá os beneficios da colaboración entre as entidades locais e a administración autonómica, para a mellora dos servizos que éstas ofrecen. É o caso da obras que comezarán en pouco tempo nesta Campo Municipal de Fútbol de Pontecesures. Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, Rueda explicou que grazas á axuda do Fondo de Compensación Ambiental, o concello acometerá este ano obras de reparación de saneamento tamén nalgunhas das rúas, ó igual que sa fixeron en anos anteriores. Esta colaboración entre entidades, tal e como destacaron desde ambas administración, redundan na mellore a no benestar da veciñanza . A visita a Pontecesures do vicepresidente continuou cunha xuntanza no concello onde o alcalde lle transmitiu outras necesidades coas que conta este municipio da comarca Ulla-Umia.
Inicio Salnés - Caldas