CAMBADOS> A maxia e o humor porán o punto final a os actos de Nadal na Capital do Albariño. Unha gala, presentada por Isabel Risco, no Salón José Peña, será o colofón final dunha coidada programación cultural que se estende ata as parroquias do municipio, e coa que finalizar o Día de Reis con un serán atractivo e diferente.
Unha gala o Día de Reis ou o Nadal nas Parroquias son tan só dous dos vértices sobre os que se asenta o Nadal 2018 no concello de Cambados. O edil de cultura do municipio sinalaba en rolda de prensa que o programa referente as parroquias, de este ano, é moito máis ambicioso que o de anos anteriores.
Nesta ocasión os gustos e as idades son tan variados como o das actividades que pensaron para este Nadal. Que se celebrarán durante catro días e sempre as 18:00h.
A novidade de este ano ven da man da Gala de Reis, que se celebrará no Salón José Peña, e que terá como mestra de cerimonias a Isabel Risco.
Despois do remate das vacacións de Nadal aínda quedan algunhas actividades como o concerto de Manso e Amigos de Ano Novo ou a presentación do teatro no garaxe de Bodas de Sangue.