Indignación polo despedimento sorpresa de 14 traballadores da planta de Atunlo no Grove

O GROVE> Polémica na planta de Atunlo, no Grove, polo despedimento sorpresa de 14 traballadores con contrato indefinido.  A CIG anuncia que vai recorre-la decisión, baseándose no tipo de despido. Falan dunha ‘encerrona con maiúsculas’, esixen a súa readmisión a anuncian mobilizacións. A primeira, o vindeiro martes.

Como unha ‘encerrona con maiúsculas’. Así considera a CIG o despedimento de 14 empregados con contrato indefinido da planta de Atunlo no Grove. Foi por sorpresa.

O anuncio por parte da empresa aconteceu nun cambio de turno citando aos afectados por grupos, segundo a sección na que traballaban. A máis afectada é o de frío, pero o seu delegado sindical non puido acceder.

A empresa alega causas obxectivas por cuestións organizativas e de produción. Un aspecto que, para a CIG, resulta contraditorio co xeito no que se executaron os despedimentos.

A CIG esixe a readmisión inmediata dos traballadores, máis aínda cando na planta de Cambados precisan xente. Unha opción que non se lles ofreceu. Ademais, van recorre-la decisión, atendendo ao tipo de despido.

A central nacionalista anuncia mobilizacións contra estes despedimentos. A primeira concentración vai ser o vindeiro martes ao mediodía, coincidindo co cambio de quenda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí