O Son contará con cinco días de festas grazas ó esforzo da Comisión do Carmen

    PORTO DO SON> Este xoves darán comezo as festas do Carmen de Porto do Son. Aínda que as cinco xornadas das celebracións ofrecen gran variedade de actividades, o día grande será o venres coa procesión marítima. Tamén o sábado a romaría do Loreto congregará gran cantidade de visitantes. Ademais dos actos principais destacan as numerosas actuacións de música e baile, pasarrúas, xogos infantís, exhibicións deportivas e as verbenas nocturnas coas orquestras máis destacadas do panorama musical galego. O peche das celebracións terá lugar o luns día 11 coa tirada dos fogos de artificio. Dende o concello quixeron agradecer o gran esforzo realizado pola Comisión de Festas que este ano se estrea na organización dos festexos nun tempo récord. Todo este esforzo pagará a pena posto que a intención desta nova comisión é seguir levando as rendas destas celebracións por moitos anos.