Xunta e Deputación ampliarán a infraestrutura de datos espaciais

    infraestruturas100.jpgPONTEVEDRA> Rafael Louzán e Agustín Hernández, inauguran a Xornada Infraestrutura de datos espaciais da provincia de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/infraestruturas.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Rafael Louzán e o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, inauguran a Xornada Infraestrutura de datos espaciais da provincia de Pontevedra, importantes na planificación de infraestruturas de comunicación, servizos asistenciais de redes de mobilidade ou equipamentos.

    Alcaldes e representantes de concellos de toda a comunidade asistiron a esta importante cita que, segundo o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, porá de manifesto o gran avance na extensión da Rede de Datos Espaciais.

    O presidente da Institución provincial destacou que esta Xornada é un modo de demostrar á cidadanía o traballo da Deputación para impulsar e promover o uso das novas tecnoloxías, unha vez mais, da man da Xunta e dos Concellos. Os 62 concellos da provincia poderán acceder á base de datos que se está a ampliar e reformar, cando todos eles conten con conexión a internet. A Deputación de Pontevedra ten previsto levar a Banda Ancha a 55 municipios.

    A elaboración dunha nova cartografía a escala 1:5000 levarase a cabo a través de voos que ofrecen a posibilidade de xerar modelos en 3D. Todos estes importantes avances, permitirán aplicacións en diversos campos como o urbanismo, o Medio Ambiente, a Enxeñería e os eidos agrícola e forestal.

    A Xornada trata, en definitiva, de optimizar os recursos dispoñibles e intensificar a labor nesta materia para evitar ocos na información, fomentar o uso de estándares que permitan toda compatibilidade, compactar información e facela mais accesible.

    Redacción Salnés