O PP de Ribeira esixe máis axilidade na tramitación do novo polígono

O PP de Ribeira demanda maior celeridade ó goberno local para sacar adiante o polígono industrial. Piden que se acumulen os trámites para poder licitar o proxecto construtivo canto antes.

A folla de ruta do anterior goberno de Ribeira fixaba como data límite para a aprobación do proxecto de construción do novo polígono decembro de 2023. A día de hoxe, este trámite está pendente aínda posto que tan só se licitou o proxecto de expropiación e se aprobou o de urbanización.

Os populares instan ó executivo a acumular trámites e realizar as xestións en paralelo para axilizar o procedemento que permita, por fin, dotar a Ribeira de chan empresarial, esgotado dende hai anos.

Lembran ademais dende o PP que xa solicitaron no pleno un cronograma coas actuacións previstas polo goberno que aínda non lles foi facilitado.