“As mulleres que opinan son perigosas” aterran en Pontevedra o 2 e 3 de marzo

Pontevedra> Os vindeiros 2 e 3 de marzo as mulleres tomarán a palabra e xerarán opinión no foro “ As mulleres que opinan son perigosas”. Trátase dun congreso, dirixido polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López, onde as protagonistas serán elas, mulleres columnistas, guionistas, escritoras, tertulianas, directoras, mulleres que pelexaron moito por chegar a este espazo ocupado na súa meirande parte polo sexo masculino.

As mulleres opinan, quizais fano menos do que debería nun mundo colapsado polo home, pero que opinan e teñen e xeran opinión é unha realidade. Unha realidade que aterrará en Pontevedra o vindeiro 2 e 3 de marzo co congreso “As mulleres que opinan son perigosas”. Unha cita organizada polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López.

Un evento apoiado polo concello de Pontevedra.

E tamén pola Deputación, a súa presidenta puxo sobre a mesa datos escalofriantes sobre a realidade dunha muller no xornalismo.

E non son os únicos datos que chaman a atención, hoxe mesmo fíxense cantas mulleres firman unha columna de opinión nos medios locais, galegos ou nacionais.

Un espazo onde tamén se falará do papel da muller no xornalismo local.

Xa o saben os días 2 e 3 de marzo teñen unha cita no Teatro Principal, a entrada será de balde ata completa o aforo. As e os interesados en asistir os dous días poderán incribirse cubrindo un formulario a través de www.depo.gal ou en www.pontevedra.gal