O BNG urxe á Xunta a creación dunha lei galega contra a crise climática

PONTEVEDRA> O BNG presentou esta mañá, en Pontevedra, novas propostas destinadas a frear a situación de emerxencia climática. Entre as medidas anunciadas pola portavoz nacionalista, Ana Pontón, destaca a de crear unha lei galega contra a cambio climático, así coma un comité de crise.

O BNG ten claro que Galicia ten que estar na primeira liña contra a emerxencia climática. E por iso, co obxectivo de impulsar políticas medio ambientais destinadas a frear o cambio climático, esta mañá presentaron en Pontevedra diferentes propostas destinadas a frear unha catástrofe ambiental e urbana.

Ana Pontón atreveuse a analizar as verdadeiras causas que hai detrás desta emerxencia climática e incidiu na importancia de tomar medidas canto antes.

Ante esta situación, o BNG urxe á Xunta a creación dunha lei galega contra a crise climática. Outra das iniciativas presentadas esta mañá por Ana Pontón foi a da posta en marcha dun comité de crise fronte á emerxencia climática. Por último, o partido nacionalista comprometeuse a seguir impulsando medidas que poñan no centro o cambio de modelo e a loita contra o quecemento global.

Miguel Anxo Fernández Lores fixo tamén un chamamento a todos os responsables políticos para seguir traballando na loita contra o cambio climático e puxo de exemplo todas as medidas tomadas na cidade de Pontevedra neste eido.

Aproveitando este acto, o BNG fixo  público esta mañá o seu apoio á mobilización mundial polo clima que se levará a cabo o vindeiro 27 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí